distrito

Cada unha das demarcacións xurídicas ou administrativas en que se divide unha poboación, cidade etc.

Etimoloxía

Procede de districtus, -us 'territorio que depende dunha cidade', creado a partir do verbo distringere que, entre outras cousas, podía ser 'separar'.

Exemplos *

"… ten a cidade dividida en distritos, e cada distrito en seccións, e cada sección en esquinas, e cada esquina en horas, nas que ninguén pode exercer sen a súa autorización." (Roberto Vidal Bolaño: A ópera de a patacón)

"A división actual da cidade de Vigo en nove distritos foi aproveitada para servir de base da distribución xeográfica das nove concellerías de distrito, que se porán en marcha ó mes seguinte de finaliza-lo proceso de elección do futuro alcalde da cidade olívica." (O Correo Galego 20-05-1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.