ditado

Exercicio escolar no que o mestre lles dita un texto aos alumnos, como práctica destinada á aprendizaxe da ortografía

Etimoloxía

Palabra que procede da latina dictatum ‘recitado’.

Exemplos *

“Nos ditados ía defendéndose, mirando polo libro calquera pode doutorarse en ortografía. A lectura de episodios enteiros do Quixote dáballe ocasión de lucir a súa voz metálica.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia, 2013)

“Nunca oirei de novo ese timbre seco, penetrante sen esforzo, modulado nos ritmos cadenciosos e neutros dos ditados de materias escolares e da lectura das partituras no conservatorio.” (David Pérez Iglesias: A garza insomne. Certame de Narracións Breves Manuel Murguía, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.