ditador, -a

Individuo que asume todos os poderes do Estado sen restrición nin posibilidades de ser controlado, xeralmente pola forza

Etimoloxía

Palabra que vén do latín dictator, -oris “ditador, maxistrado supremo entre os romanos”.

Exemplos *

“Eu non quero ditador, / ser libre arela o meu peito: / nin xeneral «salvador», / nin rei de divino dreito.” (Florencio Delgado Gurriarán: “Dou ao demo o millor”, O soño do guieiro, 1986)

“Tamén poderían ser incluídos aquí "O coitelo en novembro", o delirio-pesadelo no que Marilar Aleixandre recrea os derradeiros momentos do ditador Franco ou "Un cabaleiro de aire soña", a particular mestura de fantasía e realidade de Ramón Loureiro.” (Xosé M.Eyré: A Nosa Terra, 31-10-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.