divertirse

Facer pasar o tempo a alguén de modo agradable recreando o ánimo

Etimoloxía

Palabra que chega desde do latín divertere que significaba ‘afastarse’.

Exemplos *

“Os rapazolos tamén deron en divertirse, xogando á porca ata o anoitecer.” (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán, 2000)

“Este era o xeito que tiñan os cativos de divertirse a noite do Samaín, tal e como o recordan os veciños de Cedeira.” (Mar Barros: A Nosa Terra, 24-10-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.