divisa

Moeda estranxeira

Etimoloxía

Procede do latín divisa “dividida” que pertencía ao verbo dividere “dividir”.

Exemplos *

“Ós alemáns non lles gustaba o nome de Ecu para a futura moeda xa que algunhas das divisas que o formaban sufriron varias desvalorizacións e a súa moeda, o marco, era moi estable.” (Xesús Corbacho: O euro e a construcción europea, 2001)

“Sen dúbida, o máis selecto entre as forzas vivas da cidade: falanxistas con mando en praza e autoridades de bo e mal xacer, xunto a unha tropa de traficantes de divisas, estafadores, estraperlistas e profesionais da componenda.” (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.