divo, -a

Persoa que destaca no mundo do espectáculo

Etimoloxía

Palabra que vén do latín diva ‘deusa’.

Exemplos *

“Amelita Galli-Curci, a outra diva da época, tíñalle auténtico pánico, e procuraba non coincidir con ela nunca.” (Xurxo Fernández: O Correo Galego, 21-12-2000)

“E non tardou moito tempo en dar coa solución a todos os seus pesares de diva ferida no máis profundo do seu orgullo.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.