divulgación

Acción e efecto de divulgar ou divulgarse

Etimoloxía

Termo que ten a súa orixe no latino divulgatio ‘publicar’ ou ‘acción de espallar’.

Exemplos *

“Unha acertada dirección do noso campo por parte da administración, como pode ser a concentración parcelaria, axudas para a adquisición de maquinaria agrícola, fertilizantes, divulgación de novas técnicas de cultivo mediante folletos informativos , revistas ou conferencias.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan, 2008)

“Entre os seus fins e obxectivos principais salientamos a formación de investigadores con atención á realidade cultural galega, con escaso ou nulo desenvolvemento nos programas universitarios, e mais o estudo e divulgación do noso patrimonio.” (José Mª Eguileta Franco: Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.