Acabado de estrear, novo de todo
Etimoloxía
Non se ten moi clara a orixe da expresión.
Exemplos *
“A través da cristaleira pode ver os coches da exposición. Unha ducia de automóbiles noviños do trinque. Flamantes utilitarios coas mellores prestacións e potentes todoterreos de brillante carrocería.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)
“Lembra co sorriso conxelado na boca a ilusión que lle fixera voar da casa, aquel sentimento de liberdade plena e adolescente. Vivir sen dar contas a ninguén (...). Unha vida nova do trinque naquel anuncio de cuarto con dereito a cociña e baño compartido.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.