Dor ou aflición que se sente por algo.
Etimoloxía
Procede de dolus, -i 'loito' ou 'dor', forma do latín tardío derivada do verbo dolere 'sentir ou causar dor'.
Exemplos *
"… a morte sería tan arrepiante como adoita selo na cidade, onde o "non se recibe dó" obedece a ese ocultamento do feito que privatiza a dor impedindo obxectivala e, polo mesmo, calmala." (Xosé Chao Rego: Para comprendermos Galicia)
"O primeiro que chama a atención naqueles animais que viven emparellados é que a perda dun dos membros da parella non deixa impasible o outro, senón que provoca unha serie de comportamentos con moitos elementos de contacto co dó dos humanos." (Marcial Gondar Portasany: Mulleres de mortos. Cara a unha antropoloxía da muller galega)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.