doador -ora

Persoa que doa algo, en particular un órgano, sangue etc., para seren utilizados en medicina.

Etimoloxía

Procede da forma latina donato –oris ‘o que dá’, derivado de donare ‘doar’

Exemplos *

“A aférese permite seleccionar un determinado compoñente sanguíneo -plasma, plaquetas ou glóbulos vermellos- e restituír o resto do sangue ó doador.” (Galicia Hoxe 13-11-2010)

“Sanidade premia doadores de sangue de Vigo, a cidade máis solidaria de Galicia.” (C. Fernández: De Luns a Venres 30-01-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.