doazón

Acción de doar

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latino donatione de significación semellante.

Exemplos *

“O banco galego de cordón umbilical recibe doazóns dos hospitais da comunidade, pero tamén de Asturias e Castela e León, grazas á sinatura de senllos convenios entre a Xunta e ambos os gobernos autonómicos.” (Rita González: Galicia Hoxe, 15-03-2011)

“Vigo é a primeira cidade galega en número de doazóns de sangue, cun total de 15.278 durante 2008, o que representa unha taxa de 55 doazóns por cada mil habitantes.” (C. Fernández: De Luns a Venres, 30-01-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.