Profesión de docente
Etimoloxía
O termo bebe do latín docentĭa, que deriva do verbo docĕre ‘ensinar’.
Exemplos *
“Un mestre novo ilusionouse coa posibilidade de iniciar alí a súa vida de docente e topouse cun pobo moi particular, rexido por unhas normas propias de convivencia, pero respectuoso co traballo daquel mestre, que pronto foi admitido como un illeño máis, e que desfrutou daquela súa primeira Escola con verdadeira paixón pola docencia e a convivencia coas xentes da Illa.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)
“Aínda hoxe, ao tomar un libro escrito en francés, ao abrilo, pasar as súas páxinas, lembro aqueles momentos en que a avoa Teresa, xa mestra xubilada, exercía unha docencia vocacional co seu neto, atenta sempre ás lecturas e ao progreso daquel neno.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.