Filme de carácter didáctico ou informativo sobre un aspecto concreto da realidade, xeralmente sen argumento e de curta duración.
Etimoloxía
Creado sobre documento e este do latín documentum, –i 'lección' ou 'aviso'.
Exemplos *
"A ver se lle dis que me grave o dos animais, o documental de despois de xantar." (Xurxo Borrazás: Na maleta)
"A voz do narrador dun documental era coma un eco afastado, semellaba que proviña do exterior da casa." (Xesús Fraga: Tute para catro)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.