documento

Escrito que serve para testemuñar ou probar algo / Todo aquilo que testemuña ou proba algo

Etimoloxía

Voz que chega desde o latín documentum ‘documento’, ‘doutrina’ ou ‘precepto’.

Exemplos *

“Aquí lle deixo os arquivos periciais dos seguintes obxectos de Marco Aurelio Sieiro que hai que asegurar: unhas lentes antigas e uns documentos vellos _o axente nin se dignara ler novamente os informes que entregaba, delegando outra volta as pólizas no seu superior.” (Jorge Emilio Bóveda: As sete mortes de Leopoldo Pardo. Do caso que lle aconteceu, 2018)

“Unha das perdas máis significativas foi o Tombo de Samos. Un cartulario confeccionado no século XIII, que contiña unha parte substancial dos documentos máis antigos deste vello cenobio e que desapareceu no medio dos vaivéns daqueles días.” (Xosé Miguel Andrade Cernadas: Historia das historias de Galicia, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.