Alteración máis ou menos grave das funcións do organismo
Etimoloxía
Vocábulo procedente do latín dolentia, -ae ‘dor’.
Exemplos *
“Era máis unha doenza das clases inferiores que vivían en lugares insalubres e miserables.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)
“Para evitar esta doenza, procurábase comer moita froita fresca, especialmente cítricos.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.