dogma

Verdade incontestable de calquera doutrina, filosofía, sistema, ciencia etc.

Etimoloxía

Termo culto que procede do grego dógma ‘o que nos parece ben’ que se acolle na lingua desde o latín dogma ‘opinión’ ou ‘precepto’.

Exemplos *

“Eran eivas dunha educación pouco fundamentada, de moita memoria e pouco razoamento, de moito dogma e poucas explicacións, de todo certezas e ningunha dúbida.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

“Incorpora na asistencia mutua ós traballadores dos ramos de carpintería, ferrería e cantería, acollidos ó dogma "home, a túa patria é o mundo, a humanidade a túa familia, e os homes teus irmáns; non máis dereitos sen deberes, non máis deberes sen dereitos”. (Xesús Mª Palomares Ibáñez e Isaura Valera González: O movemento obreiro en Galicia, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.