dolmen

Monumento megalítico, en forma de mesa xigantesca, formado por unha gran laxe posta horizontalmente enriba doutras pedras verticais.

Etimoloxía

Procede do francés dolmen pero este bebe probablemente na lingua de Cornualles tólmen 'burato de pedra'.

Exemplos *

"Tras tantas fatigas e cansazos, o dolmen de Dombate quedará convertido na catedral do megalítico de Galicia e a Costa da Morte de Bergantiños, unha zona privilixiada." (Avelino Abuín de Tembra: Galicia Hoxe 7-2-2005)

"…o comezo dunha rúa que partía, precisamente, de onde aínda garda o nome de Porta da Mámoa, porque na antigüidade houbo, sen dúbida, nos seus arredores algún dolmen ou enterramento prehistórico." (Salvador García-Bodaño: O caleidoscopio)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.