Domingo anterior ao martes de Entroido
Etimoloxía
Frase formada polo substantivo “domingo” que vén do latín tardío [dies] dominĭcus' [día] do Señor' e o adxectivo “lardeiro” que é un derivado sobre “lardo” que procede do latín lardu ‘touciño’.
Exemplos *
“A semana de quincuaxésima é a gran semana do Entroido en Loureses. O domingo é o domingo lardeiro ou tamén domingo de entroido. Ese día a xente disfrazase, dá a volta á aldea e vai ás aldeas veciñas, sobre todo ás da mesma parroquia.” (Manuel Mandianes Castro: Loureses. Antropoloxía dunha parroquia galega, 1984)
“Javier Rivera Ponte, xornalista de El Progreso, será o pregoeiro desta edición. O día 23 será o Domingo Lardeiro, coa comparsa da cocha e a concentración de mascaritas.” (Redacción: A Marina Xornal, 19-2-2020)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


