domingueiro, -a

que sae divertirse os domingos e días de festa

Etimoloxía

Termo que se crea sobre “domingo” que procede da frase latina dies dominicus ‘día do señor’.

Exemplos *

“¿Para que iren a ningunha parte?, vaise todo o mundo, o campo, a serra, as pequenas vilas dos arredores infestadas de domingueiros, mellor quedar, sen problemas de circulación, sen cabreos nos atascos .” (Xosé Manuel Martínez Oca: Náufragos en terra, 1995)

“Os policías revisaron o lugar por se encontraban algún obxecto máis. Cando chegaran os domingueiros a pasear por Samil xa non quedaría rastro daquel corpo de muller que perdera a vida fronte ao mar.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.