dona

Dama, señora, muller, nun trato respectuoso

Etimoloxía

Vocábulo que chega desde o termo latino domina que significaba ‘posuidora’ ou ‘muller’.

Exemplos *

“Ese enorme silencio cristaíño e dourado! / Si vos agora falares, miñas donas amigas, / a vosa voz enchería, como unha fonte de ágoa, o vaso do silencio? / Le temps s'en va!” (Álvaro Cunqueiro: Dona do corpo delgado, 1950)

“E elas, case que todas elas, foron as que argallaron o baile no garaxe. E deron en matinar, donas xenerosas, en como evitar que ninguén ficase desparellado.” (Vicente Araguas: Xuvia-Neda / Torero Band, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.