donativo

Cesión gratuíta dun ben, normalmente diñeiro, para un fin determinado

Etimoloxía

Vocábulo que nos leva ao latín donativum ‘donativo que o emperador daba aos soldados’.

Exemplos *

“O seu pai era o presidente da devandita comisión de festas, á parte dun dos máis xenerosos cos donativos. De modo que o pai de Caín controlaba cada detalle, recibía aos compoñentes das orquestras e tomaba chatos coas autoridades locais.” (Fátima Peón Torres: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011, 2011)

“Xa Perlita marchaba con inclinacións de agradecemento, cando María do Pozo chamou por ela. Cando a chamou, todos, mesmo Perlita, pensamos que a ía premiar cun donativo. Lonxe de dar, María quitou.” (Susa Lista: Charamuscas, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.