donicela

Pequeno mamífero carniceiro da familia dos mustélidos, de patas curtas, corpo alongado e pelame pardo no lombo e branco no peito e no ventre, que se alimenta de ratos, toupas etc.

Etimoloxía

Denominación que procede do latín vulgar *domnicellam que é o diminutivo do clásico domina ‘señora’.

Exemplos *

“Tense por certo que, se no combate cunha cobra a donicela resulta mordida por aquela, acode decontado na procura dun saramango onde esfrega o seu corpo e, despois de comer algunhas follas de dita planta, volta afouta á lide.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

“Arpado coma un ourizo, agudo coma un allo, áxil e esvaradío coma unha donicela, sempre alerta.” (Alfredo Conde Cid: María das Batallas, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.