Que padece ou sente dor física nunha parte do corpo
Etimoloxía
Palabra que procede de “dor” que nos leva á latina dolorem de significado semellante.
Exemplos *
“Ergue un momento o seu dorido e canso corpo para gardar o caderno na caixa de madeira que leva na súa tampa unha fermosa ilustración: un mar grisazulado polo que navega un veleiro coa arboradura despregada como as ás dunha enorme ave mariña.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)
“Entran Chon e Nina, muller e filla de Nemo. Nina saúda cun sorriso á dona que atende o negocio. É unha muller madura con expresión moi seria e mesmo dorida.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


