Peza da casa destinada a durmir
Etimoloxía
Palabra que bebe do latín dormitorium de significado semellante.
Exemplos *
“–Non me atopo moi ben, dóeme a cabeza. Mellor léoo cando o teñas algo máis avanzado, vale? Foi ao dormitorio e vestiu o pixama. Darío quedou no salón con xesto decepcionado e seguiu tecleando no ordenador.” (Sara Alonso: Oito días sen Eva Cortes, 2021)
“Greta Garbo, Enrico Caruso e Charles Chaplin esfregaron cepillos contra os seus dentes nos dormitorios dese edificio nos anos 20, cando se inicia o século que agora estaba para rematar.” (Jaureguizar: Cabaret Voltaire, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


