Embarcación con quilla alta e cadernas, proa bicuda, roda bastante lanzada, popa en estampa, aparellada con vela de relinga a terzo
Etimoloxía
Trátase dunha voz cuxa orixe que forma parte do substrato celtibérico.
Exemplos *
“Algúns barcos grandes navegaban cara a Marín, seguramente cargueiros que se dirixían ao porto, e outros, máis pequenos, facíano polas proximidades da Illa. Tres dornas impulsadas polos remos dos seus tripulantes, ían moi preto da costa insular cara ao sur.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)
“Pedro Barba dedicábase á pesca en varias dornas xeiteiras coas que saía a pescar sardiñas, congros e outras especies, acompañado por catro ou cinco mariñeiros por barco.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


