dosel

Cuberta ornamental que se coloca a modo de teito sobre un trono, un altar, unha imaxe relixiosa, un leito etc.

Etimoloxía

Crese que nace no catalán dosser co mesmo significado.

Exemplos *

"Tras do dosel barroco, coroado de alfaias e triunfante no seu esplendor, Santiago, o fillo do Trono, agarda a súa aperta." (Ramón Caride Ogando: O sangue dos camiños)

"…pero as densas sombras que escorregaban polas paredes pairaban sobre el, conformando un sorte de dosel tenebroso." (Bieito Iglesias e Manuel Vázquez (trad.): Arthur Conan Doyle: O can dos Baskerville)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.