Persoa que posúe o máis alto grao académico nunha determinada materia
Etimoloxía
Palabra semiculta que nos chega desde o latín medieval doctor, -oris; que significaba 'profesor', derivada de docēre 'ensinar'.
Exemplos *
“Alí reuníronse científicos como a astrofísica Minia Manteiga e expertos das universidades da Coruña e Vigo, entre eles o catedrático de Informática Bernardino Arcay, a doutora en astrofísica Ana Ulla ou os enxeñeiros e informáticos José Carlos Dafonte e Diego Fustes.” (Pablo López: GCiencia. O portal da ciencia galega, 12-2013)
“Licenciada en Bioloxía e Xestión Ambiental, e doutora en Enxeñería de Minas Goretti Fariña compaxina o seu traballo como docente no colexio Sagrada Familia de Vilagarcía de Arousa coa súa paixón pola poesía.” (Mónica González: O Correo Galego, 8-5-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.