doutrina

Conxunto de ideas ou principios que pretenden dar unha explicación a un fenómeno en relixión, filosofía ou política

Etimoloxía

Vocábulo que chega desde o latino doctrina que significaba ‘ensino’.

Exemplos *

“Dicía que había que loitar contra o mal de aire. Moita xente non entendía as doutrinas dos políticos, pero aquilo, o do mal de aire, si que se entendía.” (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro, 1998)

“Aínda teñen que demostrarme que todas esas doutrinas son certas... herdanza transmitida por partículas que non se ven ao microscopio. A ciencia quere probas que se poidan tocar, observar cos sentidos, non especulacións!” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.