Sabor doce / Calidade do que é tenro, bondadoso
Etimoloxía
Voz derivada sobre “doce” e este procede do latín dulcis de significado semellante.
Exemplos *
“É unha fermosa serea / chea de dozura e sol / que apareceu coa marea / e cun aire morno e mol.” (Lourdes Maceiras: Anaina dos soños [poema solto], 2005)
“Baixo a dozura do ceo / da nobre Galicia irmán, / onde pola nosa groria / inda doirando o fogar / vive aceso o lume sagro / dos craros días do clan, / hai unha illa encantada / de rochedos de coral” (Ramón Cabanillas: Na noite estrelecida, 1917)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


