dracma

Moeda de prata da antiga Grecia / Unidade monetaria de Grecia ata a adopción do euro e a moeda

Etimoloxía

Palabra que procede do latín drachma, que, á súa vez, remite ao grego drachm.

Exemplos *

“As catro divisas que non entraron en 1999 no euro foron: a libra esterlina, a coroa danesa, a coroa sueca e o dracma grego. O dracma entrou o 1 de xaneiro de 2001.” (Xesús Corbacho: O Euro e a Construcción Europea, 2001)

“O primeiro aposta por mudar a ortodoxia austeritaria desde dentro. Lapavitsas defende o abandono voluntario do euro e a volta ao dracma.” (Xabier Pérez Davila: Nós Diario, 16-2-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.