Extraer a area, pedras, lodo etc., do fondo dun río, porto, canle etc. para limpalo ou facelo máis profundo.
Etimoloxía
Parece que se tomou do inglés to drag 'arrastrar', probablemente a través doutra lingua románica.
Exemplos *
"… hoxe é completamente impracticable ata para os barcos de menor calado e debe ser continuamente dragado para que o poida seguir cruzando o transbordador …" (Óscar Pazos: Xeografía física do litoral)
"Lobelia camiñaba co aire detrás e guiada polo sol, cambiando de posición só unhas poucas veces ao día, mentres os homes da aldea tentaban dragar o pozo na busca daquel corazón que xa se estaba a diluír na auga do desencanto." (Emma Pedreira: Bestiario de silencios)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.