dramaturgo, -a

Autor ou autora de obras dramáticas

Etimoloxía

Palabra culta que nos chega desde o vocábulo grego dramatourgós ‘autor dramático’.

Exemplos *

“Don Ricardo puido, por fin, cultivar como nunca antes todas as súas vocacións. Non só a de docente, senón tamén a de teatreiro. No Fingoi a súa alma de dramaturgo puido medrar e co alumnado montou algúns dos textos propios dos que se sentiu máis orgulloso, como A farsa das zocas.” (Antonio Ramos e Alberto Seijas: Carvalho Calero fronte ao espello da memoria, 2020)

“Carvalho Calero debutou como dramaturgo durante a II República. Nesa época escribiu 'O fillo' e 'Isabel', aínda que naquela altura comezaba a darse a coñecer sobre todo como poeta, o rol literario no que sempre se reivindicou.” (Laura Tato [entrevista da RAG]: Novas da Academia, 26-05-2020)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.