dramaturxia

Arte da composición de dramas

Etimoloxía

Palabra que nace no grego clásico dramatourgía ‘representación dunha obra de teatro’.esp

Exemplos *

“Transpórtanos así a unha concepción supraliteraria da dramaturxia e sabe que a cor, o ritmo, as máscaras, os actores, a luz, a música conforman o todo teatral.” (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas, 1994)

“En paralelo, tamén en Xenebra, realiza talleres e seminarios de teatro: Cursos de dramaturxia baseados na obra de Jean-Luc Lagarce, e un taller teatral anual realizado por La Comédie de Genéve.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas-Apéndice, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.