Composición musical para dúas voces ou dous instrumentos // Grupo musical formado por dous músicos ou dúas voces
Etimoloxía
Adaptación da voz italiana duetto de significado similar.
Exemplos *
“A Ópera non ten segredos para min. E esta en concreto gárdoa enteira na cabeza. As arias, os duetos, a foliada pasean pola miña fantasía como un totum_revolutum.” (Manuel Lourenzo: A larva furiosa, 2003)
“-Nas Olimpíadas de Barcelona en 1992, a soprano Montserrat Caballé xuntouse nun dueto memorable con Freddie Mercury.” (Ramón Torrado: Galicia Confidencial, 26-11-2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.