durmiñón, -ona

Que ten tendencia a durmir moito

Etimoloxía

Palabra que se forma por derivación sobre o verbo “durmir” que procede do latín dormire de significado semellante.

Exemplos *

“Mentres que meu pai quedaba estendendo os linguados e o resto do peixe polo liso do cemento, eu, como de costume, fun polas rúas descalzo baixo o resplandor das luces durmiñonas chamando as peixeiras de porta en porta.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2007)

“O Viquingo moveuse, incómodo, na outra cadeira onde se acomodara, fronte por fronte del, logo de retirar do asento algunhas caixas de cedés abertos e un gato durmiñón, que marchou rosmando cando o amo o fixo liscar sen moitos cariños.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.