Afección da pel que se caracteriza por presentar manchas encarnadas e pequenas vexigas que ao secaren forman bostelas e escamas.
Etimoloxía
Vén do grego ékzema, -atos, de sentido semellante ao noso, no que se combinan os elementos ek 'fóra' e zéo 'ferver'.
Exemplos *
"… os que teñen relación con doenzas da pel, como eccemas, doenzas ás que se aplica unha cura por auga, xa que se pensa que o santo correspondente o esfolaron vivo." (Vítor Vaqueiro: Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria)
"Debo aclararlle que eu nin sequera estou sindicado, e o meu eccema non é un problema endémico." (Xosé Cid Cabido: O camiño de Middelharnis)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.