eclipse

Fenómeno que consiste en quedar oculto á vista un astro, total ou parcialmente, por quedar tapado por outro

Etimoloxía

Palabra de procedencia latina eclipsis, tomada desde o grego ékleipsis “desaparición”.

Exemplos *

“De non existir esa inclinación da órbita lunar, cada vez que houbera Lúa Nova, teríamos un aliñamento Sol-Lúa-Terra, e cada vez que houbera Lúa Chea, teríamos un aliñamento Sol-Terra-Lúa, é dicir, unha vez ao mes teríamos unha eclipse de sol e unha eclipse de lúa” (Ramón Vilalta López: Astronomía práctica e outras cousas, 1999)

“Esta noite recordei que o día en que ti naciches houbo unha estraña eclipse solar. Lembrei tamén que a túa avoa gardou unha semana de xaxún e encargou que dixesen non sei cantas misas de penitencia.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.