ecoloxía

Ciencia que estuda as relacións que manteñen os seres vivos entre si e co medio en que viven

Etimoloxía

Vocábulo creado por Heinrich Haeckel en 1869 para o alemán partindo das partículas gregas  eco- ‘hábitat’ e –logos ‘ciencia’.

Exemplos *

“É o discurso da ecoloxía e do feminismo, aquel que a miúdo as organizacións políticas non escoitan ou pretenden calar recollendo e/ou manipulando algunhas das súas reivindicacións.” (Goretti Sanmartín Rei: Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación, 2009)

“Creadas a ecoloxía vexetal , animal e humana, o paso seguinte foi a consideración dunha ecoloxía total, que subliñaba o que tiñan en común as tres e dirixía os seus obxectivos cara ás relacións entre todas as formas de vida.” (Francisco Díaz-Fierros Viqueira: A cuestión ambiental en Galicia. Raíces dunha nova cultura 1750-1972, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.