ecosistema

Conxunto de seres vivos e non vivos que forman parte dun medio natural (fragas, rías, ríos etc.) e que desenvolven entre eles e co seu contorno unhas interaccións mutuas

Etimoloxía

Vocábulo creado co elemento compositivo eco-, do grego oikos ‘ambiente, ámbito vital’, máis a palabra “sistema”, que xorde do latín: systema, ‘reunión’.

Exemplos *

“Algunhas especies seguiron desaparecendo do ecosistema mariño, aínda que o seu número foi inferior ao do ano anterior.” (Xaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña, 2006)

“Fuxidos das plantacións orixinais os eucaliptos esnaquizaron boa parte deste ecosistema, contribuíndo a converterse nun elemento creador de alteración dun xeito continuo.” (Ignacio González: O correo galego, 10-12-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.