Persoa que se encarga da preparación, organización e revisión dos orixinais dunha obra colectiva para a súa publicación
Etimoloxía
Termo que remite ao latín editor ‘autor’ ou ‘o que produce’.
Exemplos *
“Fixera campaña polo Estatuto subido na primeira camioneta que tivo o concello de Santiago para recoller o lixo, xunto a Díaz Pardo, e tamén axudou o alcalde republicano de Compostela e editor Ánxel Casal a repartir números de "Nós".” (Lara Rozados: Sermos Galiza, 24-8-2012)
“É un ser doutro mundo. Como El, non ten interese en publicar. Os editores solicítanlle orixinais que nunca remite.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.