editorial

Artigo de opinión escrito pola dirección dun periódico ou revista.

Etimoloxía

Proponse que o nome deste artigo xornalístico nos chegase do inglés editorial, pero remontándonos máis atrás iriamos dar ao verbo latino edere 'dar a luz' ou 'publicar'.

Exemplos *

"Nun editorial, titulado Fronteira da tolemia, o xornal afirma que o propósito desta guerra "ten máis que ver coa defensa do honor que cos intereses duradeiros tanto de peruanos como ecuatorianos"" (O Correo Galego 10-02-1995)

"Un editorial plublicado no diario portugués 'Xornal de Negocios', aseguraba que os votantes demostraron o domingo as súas ganas de cambio …" (Galicia Hoxe 22-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.