Periodista que redacta os editoriais dun xornal ou revista
Etimoloxía
Palabra que se crea a partir de “editorial”, esta deriva de “editor” que vén do latín editore ‘o que produce’.
Exemplos *
“O editorialista do xornal italiano La Repubblica mantén que no actual marco non queda espazo para a reconstrución razoable e independente dos feitos e para o territorio intermedio da narración " obxectiva".” (Xosé López García: Tempos Novos, 5-1997)
“...se emancipamos os nosos sentidos e non pensamos como os editorialistas de El País ou ABC, veremos que neste momento histórico a grande cuestión no Estado non é se eliximos os candidatos en primarias abertas á cidadanía (...), senón que solución se lle dá.” (Xosé Mexuto: Sermos Galiza, 12-6-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.