Desenvolvemento das aptitudes ou facultades físicas, intelectuais e morais dunha persoa.
Etimoloxía
Vén do latín educatio, -onis 'acción de criar', relacionado con ducere 'conducir'.
Exemplos *
"O feminismo orixinario e o posterior sufraxista recollerán esta idea á que lle darán o carácter de reivindicación política, esixindo por parte do Estado o dereito á educación das mulleres." (Carme Blanco: O contradiscurso das mulleres. (Historia do proceso feminista))
"… sempre premaneceron algunhas conquistas sociais: lexislación abonda para garantir unhas condicións laborais dignas, universalización do dereito á educación e á sanidade, sufraxio universal …" (Alfredo Iglesias Diéguez: Galicia Hoxe 2009-04-26)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.