Dar educación
Etimoloxía
A palabra que bebe directamente do latín educare que significaba ‘nutrir’, ‘coidar’ ou ‘educar’.
Exemplos *
“Ben preto, noutra mesa de metal, unha nai esforzábase por educar a filla con palabras instrutivas e linguaxe pretensiosamente adulta.” (Ricardo C. Mora: A cidade dos anxos, 2011)
“O resón apagouse axiña afogado polo discurso grandilocuente sobre a solidariedade cos desfavorecidos e as indubidables vantaxes de educar un neno nun país de occidente, berce das liberdades, crisol dos dereitos, faro do mundo...” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos / Solidariedade occidental, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.