Mozo adolescente
Etimoloxía
Vocábulo que nos chega desde o latín ephēbus 'adolescente', que remite ao equivalente grego éphēbos.
Exemplos *
“Acompañoume solidariamente ata a porta e logo deixoume só porque quedara cun efebo ibicenco co que anda en tratos.” (Diego Ameixeiras: Tres segundos de memoria, 2007)
“Cando contemplou as costas e a caluga daquel efebo nubio, que facía oscila-la borla do fez a cada alancada, sospeitou que talvez o que alí se cocía eran mesteres pouco paranormais.” (Gonzalo Navaza: Erros e Tánatos, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.