eficiencia

Calidade do que é eficiente

Etimoloxía

Cultismo que vén desde o latín efficientia ‘poder eficiente’ ou ‘influencia’.

Exemplos *

“Se, ocupándonos de cuestións ambientais como o aforro de auga ou a aplicación dos tres erres aos residuos, conseguimos unha cadea importante de beneficios ambientais, a procura da eficiencia enerxética ten tamén consecuencias globais.” (Ramsés Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá. Ideas e accións para un consumo sustentábel, 2008)

“...a eficiencia ou productividade enerxética é a mellor aplicación das formas de enerxía cara a obter maior cantidade de producción cun menor custo .” (Lourdes Arias Rodríguez e Rafael Prieto-Puga Fariña: Economía. Primeiro curso de bacharelato, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.