égloga

Composición poética que evoca e idealiza a vida e costumes dos pastores.

Etimoloxía

Vén da forma latina ecloga, -ae, tomada á súa vez do grego ekloge, -es 'escolla'.

Exemplos *

"… xamais sentín o tremor con que amor estremece o corpo do namorado, e que os poetas cantan nas églogas e nos sonetos!" (Roberto Salgueiro: Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado)

"Trata, a égloga, dentro dos quiñentos mil versos que a compoñen, da vida dun poeta que recita un canto perante o monarca do seu país." (Román Raña Lama: "O último hexagrama" en Nun cuarto para agardar)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.