eguada

Manda de cabalos

Etimoloxía

Termo formado sobre “egua” que provén do termo latino equa de significado semellante.

Exemplos *

“Ao chegar onde a eguada pacía decote, o Maximino botou algo en falta.” (Xavier Alcalá: Latitude austral, 1991)

“Vinte homes varudos, na flor da mocedade e na forza da madurez, velaban as eguadas polas serras impervias, e cansaban os camiños de tres reinos indo e vindo das feiras, (...), sempre a longa sombra do petrucio garantindo os seus tratos.” (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras/ O vello da montaña, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.