Terreo cultivado, que pode estar entre as terras que rodean a casa ou non / Conxunto de terras que circundan unha casa
Etimoloxía
Palabra que procede da latina aditum ‘entrada’.
Exemplos *
“Chegara o momento de regresar ós eidos natais. Atrás ía quedando Madrid cando o tren ampeante adiantaba a súa marcha pola chaira.” (Francisco Fernández del Riego: Camiño andado, 2003)
“Polo inverno os traballos de labrego son da casa e non de andar nos eidos. Partir leña, trasfegar, estrar as cortes, amontoar o esterco para que vaia aformigando. Se o permite o tempo, facer algunha roza cando os toxos teñen graza." (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.