Cada unha das capas de cereal que se estenden na eira para trillala
Etimoloxía
Vocábulo formado sobre “eira” que procede do latín aream ‘terreo’.
Exemplos *
“Unha vez preparada a eira soltábanse os mollos de dereita a esquerda sempre co cañoto cara á eira, deseguido vanse colocando novas fileiras de mollos a partir da metade dos anteriores, e así ata completar a eirada.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan, 2008)
“A manobra gustoulle moito ó Alberte, que non quitaba ollo de canto alí se facía. Arrimáronse os manles e botouse man á palla, dándolle volta á eirada para mallala do mesmo xeito que pola outra banda.” (Manuel García Barros: As aventuras de Alberte Quiñoi, 1972)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.